venres, 31 de maio de 2024

OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA ROMANA ANTIGA

O alumnado de Cultura Clásica de 4ºESO participou nun obradoiro de caligrafía romana antiga impartido por Gonzalo, profesor da materia durante este curso. Todo o proceso foi artesanal, dende o soporte, realizado con gasas tinguidas con café soluble, ata as puntas das plumas, feitas polo propio alumnado a partir de latas de refrescos.
Parabéns polo voso traballo!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario