Para celebrar o Día das Letras Galegas asistimos esta semana ao espectáculo teatral representado por Talía Teatro Bicos con lingua, que, en clave de comedia, nos fixo reflexionar sobre o uso e a situación da lingua galega.
Por outra banda, como xeito de dar a coñecer un pouco máis a figura de Luísa Villalta, escritora homenaxeada este ano, fixemos unha pequena exposición con algúns dos seus poemas e varias alumnas do Club de lectura puxeron voz a unha biografía audiovisual realizada dende a biblioteca.

Esperamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario