mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o Día de Rosalía con varios obradoiros: un obradoiro de rap coa Vella Escola para o alumnado de 1º ESO, un de dramatización con Marta Lado para o alumnado de 3º ESO e un de poesía con Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado) para 2º e 4º ESO. Ademais houbo agasallos para todo o mundo: un poema de Rosalía e unha flor, en chapas deseñadas e elaboradas polo alumnado de 4º na materia de Plástica.

 

As nosas chapas.

 


Ver imaxes

venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas coa fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
Dende a biblioteca querémosvos propoñer varios libros que nos axudarán a coñecer os logros de diferentes mulleres científicas ao longo da historia: Pioneiras da ciencia en Galicia, de Manuel Rey Pan; Mujeres de ciencia, de Rachel Ignotofsky; Las chicas son de ciencias, de Irene Cívico e Sergio Parra Castillo; Las astrónomas, chicas estrella, de Sara Gil Casanova; e Curie la atómica, de Esteban Rodriguez Serrano.
Esperamos que gocedes da súa lectura!