O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas coa fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
Dende a biblioteca querémosvos propoñer varios libros que nos axudarán a coñecer os logros de diferentes mulleres científicas ao longo da historia: Pioneiras da ciencia en Galicia, de Manuel Rey Pan; Mujeres de ciencia, de Rachel Ignotofsky; Las chicas son de ciencias, de Irene Cívico e Sergio Parra Castillo; Las astrónomas, chicas estrella, de Sara Gil Casanova; e Curie la atómica, de Esteban Rodriguez Serrano.
Esperamos que gocedes da súa lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario