xoves, 30 de marzo de 2023

GHUAIDELAI REMATA O 2º TRIMESTRE

Rematamos un trimestre realmente frutífero en canto a lecturas. O grupo de 1º leu O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez; o de 3º e 4º leu Ocho señales, de Noelia Míguez; Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras, e El sueño de Berlín, de Ana Alonso; e en canto aos diferentes grupos de lectura manga, o de 1º leu The Promised Neverland 2, o de 3º A Silent Voice 1 e 2, e o de 4º A Silent Voice 2, Dr Stone 1 e Boy Meets Maria.


Grupo de 3º e 4º ESO


Grupo de 1º ESO 


Grupos de lectura manga

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, día adoptado pola UNESCO durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Nós este ano centrámonos na Costa da Morte, homenaxeando cinco poetas de Fisterra, facendo unha exposición con breves recensións da súa traxectoria e unha selección de poemas.

 


mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe celebramos o Día da Muller no centro. Dende a biblioteca organizamos a exposición-homenaxe As mulleres da nosa vida, con fotografías proporcionadas polo alumnado e demos visibilidade aos libros relacionados co feminismo e a igualdade nun expositor colocado na entrada do centro e por medio dun tríptico. Esperamos que gocedes da súa lectura!!

 




martes, 7 de marzo de 2023

NOVIDADE

Temos unha novidade na sección de revistas para todas e todos os afeccionados e afeccionadas ao manga: Otaku bunka, a revista do manga, anime e cultura xaponesa.

Pasade pola biblioteca a botarlle unha ollada!