xoves, 23 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o Día de Rosalía con varias actividades. Seguindo a proposta da AELG, elaboramos o cartel-mural "Rosalía contra a inxustiza" cunha selección de recortes de prensa recollidos polo alumnado nas sesións de titoría. Durante o recreo puidemos escoitar a través da megafonía un recital poético protagonizado polo alumnado, e repartimos poemas de Rosalía e chapas realizadas por alumnas do Equipo de Voluntarias da biblioteca coa colaboración do Departamento de EPVA.

 




venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

Despois de catro días seguindo os "mandadiños do Entroido", o venres chegou o día grande da celebración no IES Fin do Camiño: degustación de manxares propios destas datas, desfile de disfraces (entre os que había algún personaxe literario) cun animadísimo acompañamento musical a cargo de alumnado de 2ºESO e premios.

Homura Akemi, do manga Puella Magi Madoka Magica

sábado, 11 de febreiro de 2023

A MULLER E A NENA NA CIENCIA

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas coa fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
Dende a biblioteca querémosvos propoñer, por medio dunha exposición e un díptico, varios libros e películas que nos axudarán a coñecer os logros de diferentes mulleres científicas ao longo da historia. Se facedes clic nas portadas, teredes máis información sobre eles.

Esperamos que gocedes da súa lectura!