mércores, 26 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

Chegou o Día do Libro, e como o celebramos nós? Recomendando lecturas, posando coas nosas suxestións na biblioteca, e recibindo como agasallo bombóns e un marcapáxinas personalizado.

 


 
 

domingo, 2 de abril de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, o día 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil. Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional deste día. Esa Sección elixe un tema e invita a un autor ou autora importante do país a escribir unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo e a unha persoa recoñecida do mundo da ilustración para o deseño dun cartel. A Sección patrocinadora deste ano é Grecia que difunde a mensaxe de Vagelis Iliopoulos e o cartel de Photini Stephanidi co lema "Son un libro, leme". 

Grazas a GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, por facilitarnos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.