luns, 3 de xuño de 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe o alumnado de nova incorporación no vindeiro curso e o seu profesorado gozou dunha Xornada de portas abertas, na que parte das alumnas do Equipo de Voluntarias da Biblioteca, tamén integrantes do Club de lectura, amosáronlles as nosas instalacións e explicáronlles o funcionamento da biblioteca e as actividades que nela desenvolvemos, rematando, a modo de resumo, coa presentación "A nosa biblioteca".

Esperamos que cheguedes a gozar dela tanto coma nós!!
 
Parte do Equipo de Voluntarias e Club de lectura explicando o funcionamento da biblioteca.


Se fas clic na imaxe, accedes á presentación.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario