Obradoiro de poesía e marcapáxinas na Biblioteca do IES Fin do Camiño para celebrar o Día Mundial da Poesía. Dedicamos varias sesións a este obradoiro que presentamos como unha versión do "amigo invisible": aos nosos poetas e poetisas invisibles adxudicóuselles por sorteo un compañeiro ou compañeira ao/á que dedicar un poema. Con esta persoa en mente, leron poemas de varios autores e autoras e escolleron o que lles pareceu máis axeitado. A continuación elaboraron os seus propios marcapáxinas co poema elixido no anverso e o nome da persoa á que ía dirixido. Finalmente, o Día Mundial da Poesía "agromou" unha árbore na entrada do centro con todos os marcapáxinas elaborados, xerando unha gran expectación, e durante o recreo cada alumno e alumna buscou e recolleu o que lle dedicaran.
Na seguinte presentación podedes ver o proceso da actividade.
Na seguinte presentación podedes ver o proceso da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario