Onte o alumnado de todos os cursos do centro estivo de exursión en Santiago de Compostela.
Primeiro, Rubén ofreceunos unha visita guiada á catedral e ás prazas que a rodean. A continuación, asistimos no Teatro Principal á representación de Xogo de pillabáns, unha versión de Rinconete y Cortadillo
que combina teatro e música a cargo do quinteto de vento Zoar. Despois
de repoñer forzas, pola tarde dirixímonos á Cidade da Cultura, onde nos
falaron da súa arquitectura, visitamos a biblioteca e admiramos Singularidade, unha enorme bóla de libros, obra da escultora Alicia Martín, na que deixamos a nosa "pegada".
Se queredes ver máis imaxes da excursión, premede no seguinte enlace
MÁIS IMAXES
Ningún comentario:
Publicar un comentario