venres, 20 de decembro de 2024
NADAL
xoves, 28 de novembro de 2024
QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES
Hoxe tivo lugar na biblioteca unha charla, organizada polo Departamento de Orientación, dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO, enmarcada no programa educativo "Que non te líen, ti elixes", co que se pretende fomentar o rexeitamento de estereotipos de xénero e prexuízos na elección de itinerarios formativos e profesións con pouca representación feminina. Visitáronos a Secretaria Xeral de FEARMAGA e unha profesional do sector da madeira.
mércores, 13 de novembro de 2024
PUÑOS DE HARINA
A obra, escrita e interpretada por Jesús Torres, de El Aedo Teatro, preséntanos dúas historias en forma de monólogo: a historia real de Rukeli, boxeador alemán e xitano que viviu na época da Alemania nazi, e a historia de Saúl, un mozo xitano na España rural dos anos oitenta na procura da súa identidade.
É unha obra que reflexiona sobre o racismo, a homofobia, a violencia e a masculinidade, merecedora de numerosos recoñecementos como o Premio Teatro 2019 Autor Exprés pola Fundación SGAE, Finalista a Premios Max 2021, Premio Nazario 2020 polo Festival Europeo do Sur Cultura con Orgullo.
Grazas ao Concello de Vimianzo pola súa invitación!
sábado, 2 de novembro de 2024
OS NENOS DA VARÍOLA
xoves, 31 de outubro de 2024
SAMAÍN
martes, 29 de outubro de 2024
MANUEL RIVAS, PREMIO NACIONAL DAS LETRAS 2024
xoves, 24 de outubro de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Como o celebramos nós? Entregando diplomas ás alumnas do Equipo de Voluntarias da Biblioteca, levando a cabo unha actividade lúdica de formación de usuarios para o alumnado de 1º ESO e amosando, a través dunha presentación, algunhas das actividades realizadas nela e como a nosa biblioteca se foi convertendo ao longo dos anos nese pequeno espazo de encontro e diálogo que é hoxe en día.
![]() |
Alumnado de 1ºESO na procura do tesouro |
![]() |
O equipo gañador |
![]() |
Se fas clic na imaxe, accederás á presentación. |
xoves, 17 de outubro de 2024
PREMIO PLANETA 2024
mércores, 16 de outubro de 2024
ANTONIO SKÁRMETA
Nas súas obras destaca a súa representación do pobo chileno, a súa fascinación pola poesía e a importancia da fraternidade entre a xente, independentemente da súa orixe ou os seus logros.
luns, 14 de outubro de 2024
DÍA DAS ESCRITORAS
Esta IX edición conta co comisariado da periodista e escritora Ana Iris Simón baixo o lema "A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural".
Nós fixemos unha exposición con recensións e libros das escritoras galegas máis lidas por nós, que podedes atopar na entrada do centro.
xoves, 10 de outubro de 2024
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
Coa intención de sensibilizar e dar visibilidade a un tema tan importante como a saúde mental, dende a biblioteca propoñémosvos as lecturas incluídas neste díptico.
domingo, 29 de setembro de 2024
MAFALDA ESTÁ DE ANIVERSARIO
![]() |
Fotografía: Nacho |
![]() |
Na nosa biblioteca. |
venres, 20 de setembro de 2024
PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2024
A poeta galega Chus Pato é a gañadora do Premio Nacional de Poesía 2024 polo poemario Sonora. O xurado do premio, que entrega o Ministerio de Cultura, destacou este libro por ser “unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte, aquela que, tras a orfandade da nai, arrastra os lectores cara aos abismos da propia liñaxe”.
O xurado define a autora como unha peza fundamental da poesía galega e subliña as “novas formas de deconstruír e reconstruír os marcos do pensamento poético tradicional”.
mércores, 11 de setembro de 2024
COMEZAMOS DE NOVO!
luns, 8 de xullo de 2024
REMATAMOS O CURSO!
mércores, 26 de xuño de 2024
TEMPO DE DESPEDIDAS
Este curso despedimos cun agasallo (un libro, por suposto!) e un diploma a catro alumnas do noso Club de lectura que destacaron pola súa participación nas actividades que organizamos ao longo destes catro anos dende o Club e a biblioteca.
Moitísima sorte a todas!
luns, 17 de xuño de 2024
O CLUB DE LECTURA EN SANTIAGO
Deixámosvos un booktrailer sobre Europa Express protagonizado polas alumnas do grupo de 2º do Club de lectura e un resumo da excursión.
sábado, 8 de xuño de 2024
TORNEO DE XADREZ
mércores, 5 de xuño de 2024
ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES
luns, 3 de xuño de 2024
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
![]() |
Se fas clic na imaxe, accedes á presentación. |
venres, 31 de maio de 2024
OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA ROMANA ANTIGA