mércores, 13 de novembro de 2024

PUÑOS DE HARINA

O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu hoxe á representación teatral "Puños de harina" no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo. 

A obra, escrita e interpretada por Jesús Torres, de El Aedo Teatro, preséntanos dúas historias en forma de monólogo: a historia real de Rukeli, boxeador alemán e xitano que viviu na época da Alemania nazi, e a historia de Saúl, un mozo xitano na España rural dos anos oitenta na procura da súa identidade.

É unha obra que reflexiona sobre o racismo, a homofobia, a violencia e a masculinidade, merecedora de numerosos recoñecementos como o Premio Teatro 2019 Autor Exprés pola Fundación SGAE, Finalista a Premios Max 2021, Premio Nazario 2020 polo Festival Europeo do Sur «Cultura con Orgullo.

Grazas ao Concello de Vimianzo pola súa invitación!
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario