O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas coa fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
E como o celebramos nós? O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou un escape room na biblioteca para cada un dos grupos con diferentes retos que tiñan como fío condutor a mulleres científicas; o Departamento de Física e Química levou a cabo un obradoiro de fanzines co alumnado de 2º ESO, e dende a Biblioteca propuxemos un kahoot, expuxemos os fondos relacionados con esta temática e publicamos un díptico coas nosas recomendacións.






Ningún comentario:
Publicar un comentario