mércores, 26 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

O luns 24 celebramos o Día de Rosalía con varias actividades. Seguindo a proposta da AELG, elaboramos o cartel-mural "Día de Rosalía: Saúde e Terra!" cunha selección de poemas recollidos polo alumnado nos que se mencionan lugares rosalianos. Durante o recreo puidemos escoitar a través do sistema de megafonía do centro un recital poético protagonizado polo alumnado e profesorado, e repartimos poemas de Rosalía e chapas realizadas por alumnas do Equipo de Voluntarias da biblioteca coa colaboración do Departamento de EPVA. Nos recreos do resto da semana escoitamos pola megafonía versións cantadas por Uxía de poemas de Rosalía. E, por último, na reunión do Club de lectura dese mediodía, adicamos parte do tempo ao recitado de poemas.  
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario