sábado, 8 de xuño de 2024

TORNEO DE XADREZ

Dylan e Mauro disputaron onte na biblioteca a final do Torneo de Xadrez 960 Fin do Camiño 2024. Este torneo, organizado polo Departamento de Artes Plásticas, leva celebrándose durante os recreos dos luns, martes e mércores dende hai uns meses.

Parabéns a todos os participantes, especialmente ao gañador!
 
Final entre Dylan e Mauro



mércores, 5 de xuño de 2024

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

Onte tivemos un agradable encontro coa escritora Arantza Portabales, autora da triloxía protagonizada polos inspectores Abad e Barroso, lida polo grupo de exalumnas, alumnas de 4ºESO e profesorado do Club de lectura.
 
Falounos dos seus libros, do proceso da escrita, dos seus libros e autores e autoras favoritos... 
 
Moitísimas grazas, Arantza, pola túa visita! Grazas á editorial Galaxia por facer posible este encontro!

 


luns, 3 de xuño de 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe o alumnado de nova incorporación no vindeiro curso e o seu profesorado gozou dunha Xornada de portas abertas, na que parte das alumnas do Equipo de Voluntarias da Biblioteca amosáronlles as nosas instalacións e explicáronlles o funcionamento da biblioteca e as actividades que nela desenvolvemos, rematando, a modo de resumo, coa presentación "A nosa biblioteca".

Esperamos que cheguedes a gozar dela tanto coma nós!!
 
Parte do Equipo de Voluntarias explicando o funcionamento da biblioteca.


Se fas clic na imaxe, accedes á presentación.