mércores, 24 de abril de 2024

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2024

Onte publicábase a resolución pola que se recoñece á escritora Arantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024.

Tivemos o pracer de contar coa súa presenza na nosa biblioteca para clausurar as reunións do Club de lectura o curso pasado e volverá visitarnos en xuño, unha vez rematada a triloxía protagonizada por Abad e Barroso.

Este premio inaugurouse no 2015 e outórgaselle aos escritores e escritoras que encabezan a lista dos máis lidos polos Clubs de lectura, que estean vivos e sen que poidan repetir galardón. Os outros gañadores e gañadoras das pasadas edicións foron Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro (2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021), Antía Yáñez (2022) e Manuel Núñez Singala (2023).
 
Parabéns!! 
 
Recollendo o premio


Na nosa biblioteca - xuño 2023

Ningún comentario:

Publicar un comentario