mércores, 27 de marzo de 2024

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Dende 1962 os centros ITI (International Theatre Institute) e a comunidade teatral internacional celebran o 27 de marzo o Día Mundial do Teatro con diversos actos. Un dos máis representativos é a  elaboración e lectura dun manifesto, tradicionalmente escrito por unha personalidade de recoñecido prestixio no mundo do teatro. Este ano é o turno do dramaturgo noruegués Jon Fosse.

Asemade, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fai público o ‘Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro’, que este ano redactou a narradora oral Vero Rilo.

Nós poñemos o noso gran de area elaborando un tríptico coas nosas suxestións teatrais e promovendo a asistencia a espectáculos teatrais entre o noso alumnado, como no mes de novembro coa intervención escénica de Os Náufragos Teatro na nosa biblioteca e na Casa Museo Picasso da Coruña e outra probable actividade no mes de maio (Letras Galegas).
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario