Onte o alumnado do Club de lectura asistiu na Casa Museo Picasso da Coruña a unha actividade escénica protagonizada por Os Náufragos Teatro, que despois nos acompañaron nun paseo teatralizado por algúns dos lugares máis representativos da estancia de Picasso na cidade.
Completamos a mañá na cidade visitando dúas librerías: Alita Cómics e Moito Conto, na que Esther, moi amablemente, nos explicou o funcionamento dunha librería independente.
Grazas a Os Náufragos Teatro por facernos partícipes desta fermosa iniciativa! Grazas a estas libreiras e libreiros tan amantes do seu traballo polo seu tempo e as súas recomendacións!
Cos membros de Os Náufragos Teatro no paseo teatralizado por Coruña |
Na librería Moito Conto |
En Alita Cómics |
Ningún comentario:
Publicar un comentario