sábado, 28 de xuño de 2025

LENDO CON ORGULLO

Hoxe celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, conmemorándose que o 28 de xuño de 1969 producíanse as revoltas de Stonewall en Nueva York, consideradas como o inicio da loita moderna contra a discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero. 
 
E, coma sempre, nós recomendamos unha selección de lecturas. Esperamos que gocedes delas!
 

xoves, 26 de xuño de 2025

TEMPO DE DESPEDIDAS

Este curso despedimos a dúas alumnas do noso Club de lectura que destacaron pola súa participación nas actividades que organizamos ao longo destes catro anos dende o Club e a biblioteca.

Moitísima sorte ás dúas! 

 


domingo, 8 de xuño de 2025

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

O Día Mundial dos Océanos celébrase anualmente o 8 de xuño dende 2009, data establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O obxectivo desta celebración é crear conciencia sobre o seu papel esencial na vida do planeta e o tema deste ano é Marabillas oceánicas: soster o que nos sustenta.
 
Dende a biblioteca elaboramos un díptico con lecturas relacionadas co mar, que esperamos que vos guste.