venres, 20 de decembro de 2024

NADAL

Este curso celebramos no centro o Nadal con varias actividades. Parte do alumnado de 2º e 3º ESO ofreceu un concerto de Nadal organizado polo Departamento de Música; o alumnado de Oratoria escribiu un conto de Nadal que logo leu ao alumnado de Educación Infantil dos CEIP Mar de Fóra e Areouta; o Departamento de EPVA organizou un concurso de decoración de árbores de Nadal; gozamos de dous obradoiros, un de rap coa saúde mental como tema e outro de estampación de camisetas; e, finalmente, como xa vén sendo habitual, dende a biblioteca publicamos a nosa particular postal de Nadal coas novidades que foron chegando a ela no primeiro trimestre e ao pé do mural coa árbore de Nadal feita con portadas de libros de recente incorporación, puidestes botar unha ollada as novidades expostas.

Xa sabedes que estas vacacións son un bo momento para ler!!

BO NADAL!!!  
 
 



 


 

Se facedes clic no círculo amarelo das portadas, teredes máis información sobre os libros.