venres, 31 de outubro de 2025

VISITA AO MAHI

Onte, mentres o grupo de 2ºESO que este curso representará ao noso centro na Liga Maker Drone asistía á presentación da V edición, o resto do alumnado do Club de Ciencia, que comparte moitos dos seus membros co Club de lectura, gozou dunha visita guiada ao MAHI (Museo de Automoción e Historia). Nel non só aprenderon sobre automoción e tecnoloxía (fonógrafos, teléfonos...), senón tamén sobre certos fitos históricos do século XX a través dos paneis con reproducións de páxinas de xornais que cubrían as paredes dalgunhas salas: a morte de Emilia Pardo Bazán, un discurso de Hitler, a morte de Valle-Inclán... 
Nós, sempre poñendo énfase na lectura e o uso crítico dos medios de comunicación! 
 
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario