luns, 6 de outubro de 2025

O CLUB DE LECTURA COMEZA A SÚA ANDAINA

O noso Club de lectura comezou hoxe a súa andaina! Despois de xantar xuntos, o alumnado dos grupos de 2º e 4º ESO inaugurou a tempada de reunións sobre a lectura de O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez (2º ESO) e Aqueles corpos nosos, de Adrián Gómez Ramos (4º ESO). Tanto un grupo como outro elixiu lecturas que corresponden a unha segunda entrega de historias lidas o curso anterior, escritas polos mesmos autores, e que lles encantaron: O misterio de Portomarín e Cando sangren os lobos.
Os outros grupos comezarán en breve!
 
 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario