venres, 24 de outubro de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de febreiro celébrase dende 1997 o Día das bibliotecas, este ano cun cartel deseñado pola ilustradora Laura Wächter e co lema "Contra a desinformación: bibliotecas", pretendendo destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación. 

Como o celebramos nós? Entregando diplomas ás alumnas do Equipo de Voluntarias da Biblioteca, levando a cabo unha actividade lúdica de formación de usuarios para o alumnado de 1º ESO e amosando, a través dunha presentación proxectada no vestíbulo do centro durante o recreo, algunhas das actividades realizadas nela e como a nosa biblioteca se foi convertendo ao longo dos anos nese pequeno espazo de encontro e diálogo que é hoxe en día. 
Ademais, nas horas de titoría dos diferentes grupos proxectarase nas vindeiras semanas a charla desenvolvida no IES Urbano Lugrís de Malpica para reflexionar sobre as novas formas de desinformación.

Feliz Día das Bibliotecas!!
 

Equipo de Voluntarias cos seus diplomas.

Na procura do tesouro.

Na procura do tesouro.

Na procura do tesouro.

Na procura do tesouro.

Na procura do tesouro.

Na procura do tesouro.

O equipo gañador.

Se fas clic na imaxe, accedes á presentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario