O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas. Comezou a celebrarse no ano 2016 o luns máis preto da festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, e intenta poñer en valor o labor e legado das escritoras ao longo da historia.
Esta X Edición conta co comisariado da escritora, crítica literaria e profesora Anna Caballé baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!".
Para celebralo nós fixemos dúas exposicións: unha con reseñas das escritoras galegas máis lidas por nós, que podedes atopar na entrada do centro, e outra no primeiro andar sobre escritoras galegas que, seguindo o lema deste ano, escribían en 1975.

Ningún comentario:
Publicar un comentario