venres, 10 de outubro de 2025

EXCURSIÓN A SANTIAGO

Onte o alumnado do centro desprazouse ata Santiago para levar a cabo diferentes actividades, mesturando letras e ciencias. Primeiro, visitamos o Museo de Historia Natural, onde nos falaron de biodiversidade, adaptación ao medio e, sobre todo, de diferentes tipos de minerais. Despois, mentres o alumnado de 1º e 4º ESO se dirixiu á Cidade da Cultura para gozar respectivamente das exposicións Orixes e Castelao. Mirar por Galicia, o alumnado de 2º e 3º ESO realizou unha visita guiada ao Museo do Pobo Galego. Despois de xantar foi a quenda do casco histórico da cidade, visitando a Praza do Obradoiro e o recinto da SELIC na Praza da Quintana. 
 
 







Ningún comentario:

Publicar un comentario