O resto dos grupos comezarán a vindeira semana!
venres, 7 de novembro de 2025
SUMANDO GRUPOS AO CLUB DE LECTURA
O resto dos grupos comezarán a vindeira semana!
xoves, 6 de novembro de 2025
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR
Dende a biblioteca elaboramos un díptico propoñéndovos varios libros. Esperamos que vos guste e que gocedes da súa lectura!!
venres, 31 de outubro de 2025
VISITA AO MAHI
venres, 24 de outubro de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Como o celebramos nós? Entregando diplomas ás alumnas do Equipo de Voluntarias da Biblioteca, levando a cabo unha actividade lúdica de formación de usuarios para o alumnado de 1º ESO e amosando, a través dunha presentación proxectada no vestíbulo do centro durante o recreo, algunhas das actividades realizadas nela e como a nosa biblioteca se foi convertendo ao longo dos anos nese pequeno espazo de encontro e diálogo que é hoxe en día.
mércores, 22 de outubro de 2025
PREMIO RAÍÑA LUPA 2025
O xurado valorou "a reflexión que propón o libro arredor da capacidade de superación e do empoderamento persoal" cunha "historia chea de sensibilidade e creatividade".
luns, 13 de outubro de 2025
DÍA DAS ESCRITORAS
Esta X Edición conta co comisariado da escritora, crítica literaria e profesora Anna Caballé baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!".
Para celebralo nós fixemos dúas exposicións: unha con reseñas das escritoras galegas máis lidas por nós, que podedes atopar na entrada do centro, e outra no primeiro andar sobre escritoras galegas que, seguindo o lema deste ano, escribían en 1975.
venres, 10 de outubro de 2025
EXCURSIÓN A SANTIAGO
luns, 6 de outubro de 2025
O CLUB DE LECTURA COMEZA A SÚA ANDAINA
venres, 3 de outubro de 2025
PREMIOS XERAIS 2025
Estas obras son Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino, gañadora do Premio Xerais de Novela; O corvo sobre a neve, de Andrea Maceiras, galardoada co Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; e Erin e o lobo, de Érica Esmorís, co Premio Merlín de Literatura Infantil.
O acto de entrega dos premios celebrarase o 11 de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
domingo, 28 de setembro de 2025
MÚSICA NA RÚA (II)
xoves, 25 de setembro de 2025
MÚSICA NA RÚA (I)
domingo, 21 de setembro de 2025
OUTONO DE LECTURAS
venres, 19 de setembro de 2025
PROXECTO ATLANTIC SUNSET
Por unha banda, a etnógrafa Lucrezia López, profesora da USC, falounos da importancia da Costa da Morte, e particularmente Fisterra, no imaxinario do Camiño de Santiago e a súa relación co solpor. Por outra, gozamos dunha experiencia inmersiva con gafas RV para apreciar os diferentes solpores da costa Atlántica.
venres, 12 de setembro de 2025
PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2025
martes, 9 de setembro de 2025
XA ESTAMOS DE VOLTA!
mércores, 9 de xullo de 2025
BO VERÁN!
sábado, 28 de xuño de 2025
LENDO CON ORGULLO
xoves, 26 de xuño de 2025
TEMPO DE DESPEDIDAS
Este curso despedimos a dúas alumnas do noso Club de lectura que destacaron pola súa participación nas actividades que organizamos ao longo destes catro anos dende o Club e a biblioteca.
Moitísima sorte ás dúas!
domingo, 8 de xuño de 2025
DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS
luns, 26 de maio de 2025
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
venres, 23 de maio de 2025
ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ
Hoxe, á fin, puidemos gozar da tan esperada visita de Antía Yáñez! Primeiro, o profesorado do Club de lectura reuniuse con ela para falar do seu libro O clan das barbies, unha distopía con temas como os abusos, a prostitución, a xestación subrogada... A continuación, foi o turno do alumnado do grupo de 1º ESO do Club de lectura, co que tivo un agradable encontro en torno, principalmente, ao seu libro Plan de rescate, aínda que tamén se comentaron detalles de O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela.
Grazas, Antía, pola túa visita!
![]() | ||
| Co alumnado do grupo de 1º ESO do Club de lectura. |



















































