venres, 19 de setembro de 2025

PROXECTO ATLANTIC SUNSET

Hoxe leváronse a cabo no centro dúas actividades enmarcadas no proxecto Atlantic Sunset, que conmemorou o chamado Interreg Cooperation Day como xeito de poñer en valor o último solpor da Europa continental.
Por unha banda, a etnógrafa Lucrezia López, profesora da USC, falounos da importancia da Costa da Morte, e particularmente Fisterra, no imaxinario do Camiño de Santiago e a súa relación co solpor. Por outra, gozamos dunha experiencia inmersiva con gafas RV para apreciar os diferentes solpores da costa Atlántica.
 
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario