domingo, 8 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER

Para celebrar o Día da Muller o alumnado colaborou de diferentes xeitos dende varias materias: elaborando carteis con oito razóns para celebrar este día; redactando recensións en inglés sobre mulleres salientables no mundo anglosaxón, e aportando imaxes de mulleres do seu entorno para continuar coa iniciativa comezada hai uns anos "As mulleres da nosa vida", unha exposición na entrada do centro que intenta poñer en valor a importancia do labor desempeñado polas mulleres.

Asemade, á entrada da biblioteca expuxemos parte dos fondos adicados ao feminismo e publicamos un díptico coas nosas propostas.
 

 
 
 






Ningún comentario:

Publicar un comentario