venres, 14 de novembro de 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Todos os anos dende 2014 celébrase en novembro o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas, celebración na que participa unha científica ou un científico galego redactando un manifesto no que reivindica a importancia da ciencia. Este ano 2025 a persoa encargada de facelo foi Concepción Paz Penín, enxeñeira industrial, catedrática e doutora pola Universidade de Vigo. Actualmente dirixe o Departamento de Enxeñería mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos nesa universidade.
 
Concepción Paz Penín

Dende a biblioteca, recompilamos as nosas propostas nesta montaxe protagonizada por membros do Club de lectura. Esperamos que vos guste!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario