Onte o alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha charla formativa, organizada polo Departamento de Orientación, enmarcada no programa Que non te líen. Ti elixes!, que ten como obxectivo o fomento dunha orientación profesional libre de estereotipos de xénero. Nesta edición a relatora foi Mª Xosé Saborido, da empresa Dinahosting, pertencente ao Clúster TIC Galicia.
venres, 28 de novembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
25N
Hoxe participamos no acto organizado polo Concello de Fisterra con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nós contribuímos coa lectura dun manifesto e o recitado de poemas de María Reimóndez, Lupe Vázquez e Marta Dacosta por parte de membros do noso Club de lectura, portando carteis e amosando nunha pancarta os slogans elaborados polo alumnado de 2º ESO e os códigos QR correspondentes aos pódcasts que conforman Os sons da violencia, gravados polo alumnado de 4º ESO e que podedes escoitar nas ligazóns que hai ao final desta publicación.
Xa no centro, no primeiro andar decoramos o noso recuncho 25N con libros relacionados coa violencia de xénero e puxemos á vosa disposición un número especial de A Voz do FdC.
Moitas grazas a todos e todas os participantes pola vosa implicación!
![]() |
Debuxo realizado por Laura e Celia |
![]() |
| Entrega de agasallos ao alumnado que participou activamente no acto. |
Os sons da violencia:
#1 A denuncia: Adriana e Aroa
#2 A ruptura: Xabier e Marta
#3 Apoiándonos: Uxía e Aracely
#4 Comentarios inapropiados: Alberto e Mateo
#2 A ruptura: Xabier e Marta
#3 Apoiándonos: Uxía e Aracely
#4 Comentarios inapropiados: Alberto e Mateo
venres, 7 de novembro de 2025
SUMANDO GRUPOS AO CLUB DE LECTURA
O Club de lectura continúa sumando... Esta semana dous grupos máis iniciaron a súa actividade: un grupo de tres alumnas de 1ºESO, moi fans de Eloy Moreno, que logo da lectura de Invisible están somerxidas na lectura de Redes; e un grupo de 2ºESO de lectura de cómic que comezou o thriller La chica Invisible, ilustrado por Alba Cardona.
O resto dos grupos comezarán a vindeira semana!
O resto dos grupos comezarán a vindeira semana!
xoves, 6 de novembro de 2025
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR
Os Estados Membros da UNESCO declararon o primeiro xoves de novembro como o Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar, incluído o ciberacoso, recoñecendo que a violencia nas escolas, en todas as súas formas, constitúe unha violación dos dereitos á educación, saúde e o benestar dos nenos, nenas e adolescentes. Este ano o lema é Mente dixital: Aprender a coidarse na era tecnolóxica.
Dende a biblioteca elaboramos un díptico propoñéndovos varios libros. Esperamos que vos guste e que gocedes da súa lectura!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
.jpg)












.jpg)

