domingo, 21 de setembro de 2025

OUTONO DE LECTURAS

Agora que o comentario dunha coñecida influencer acaba de abrir un interesante debate sobre a lectura, nós, como non podía ser doutro xeito, defendemos as vantaxes de ler nunha presentación con citas dalgúns escritores e escritoras.

Gocemos da lectura!
 

venres, 12 de setembro de 2025

PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2025

A galega Miriam Reyes vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía correspondente ao ano 2025 pola súa obra Con. O xurado elixiu esta obra por “ser un poemario que participa da conversación pública no que respecta ás posibilidades dos vínculos. A voz da autora traza con forza e orixinalidade o territorio do mutuo [...] O compás da obra céntrase nas dimensións da relación co outro". 
 

martes, 9 de setembro de 2025

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Comezamos un novo curso con moita ilusión e ganas, coma sempre, e desta volta con algunhas novidades: estrenamos programa de xestión, o Koha; temos carnés de biblio e un Equipo de Apoio á Biblioteca máis numeroso que os cursos pasados. 
Esperámosvos e agardamos que o curso veña cargado de boas lecturas!!