O día 27 de outubro visitounos Suso Bahamonde,
poeta e narrador, ex-membro do Batallón literario da Costa da Morte.
Reuniuse cos alumnos e alumnas de 1º da ESO na biblioteca, onde lles
falou da súa obra e levou a cabo un obradoiro de narración e poesía. En
pequenos grupos traballaron cunha viñeta, poñéndolle texto; elaboraron
un final alternativo para un dos seus relatos curtos; reordenaron un dos
seus poemas e, finalmente, entre todos escribiron un poema, aportando
cada quen as súas ideas e asesorados por Suso. Este poema introducirase
nunha botella xunto co e-mail do centro e botarase ao mar nada máis e
nada menos que... no Gran Sol!!! Onde chegará o noso poema? Quen o lerá?
Esperamos ter resposta algún día...
O noso agradecemento ao Concello de Fisterra polo seu programa Trasmallos de Cultura, do que forma parte esta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario