venres, 27 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA (II)

E para rematar a celebración do Día de Rosalía, e seguindo as propostas da AELG, hoxe tivo lugar na biblioteca un concurso Pasapalabra con preguntas baseadas na figura e obra da escritora. 
 
Quen gañará? Un agasallo está esperando!
 
 

martes, 24 de febreiro de 2026

INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL

Hoxe tivo lugar no centro unha actividade organizada polo coordinador TIC, enmarcada no eido AMI. Manuel Rivas, de AMTEGA, visitounos para abrirnos os ollos sobre a nosa pegada dixital, porque non se trata só de navegar en busca de información, en moitas ocasións é a nosa identidade, seguridade e privacidade o que está en xogo. 
Nunha charla moi amena, ofreceunos consellos que nos permitirán acadar as habilidades e actitudes necesarias para interactuar de forma segura no entorno dixital, evitando riscos como o ciberacoso.
 


luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA (I)

Aínda que a celebración do Día de Rosalía xa empezou para nós o venres pasado coa visita á Casa-Museo Rosalía de Castro, hoxe inauguramos na entrada do centro un mural-collage co lema Mais eles tamén perdidos, realizado cunha selección de extractos de xornais recompilados e traducidos ao galego polo alumnado dos diferentes grupos. 
 
Ademais, durante o recreo organizamos un recital poético na biblioteca e tres alumnas do Equipo de Voluntarios e Voluntarias da Biblioteca repartiron poemas de Rosalía e chapas elaboradas por elas e deseñadas polo Departamento de Artes Plásticas.
 



sábado, 21 de febreiro de 2026

RUTA LITERARIA EN PADRÓN

Onte trasladámonos a Padrón para visitar a Fundación Camilo José Cela e a Casa Museo de Rosalía de Castro, como actividade enmarcada na celebración do Día de Rosalía.
No primeiro lugar descubrimos que Camilo José Cela estivo durante unha temporada vencellado a Fisterra, mentres escribía o seu libro Madera de boj, e por iso hai unha placa conmemorativa e un busto do escritor nun extremo do paseo da praia Langosteira, onde empeza a Corredoira de Don Camilo.
Na Casa de Rosalía, logo das explicacións da guía, participamos nun escape room, no que o equipo máis rápido en resolver os retos foi o formado por alumnas de 2º e 4º ESO... aínda que a chave que conseguiu abrir a porta foi a do Caneta-team! 
 
Na Fundación Camilo José Cela

Na Fundación Camilo José Cela

Na Fundación Camilo José Cela

Na Fundación Camilo José Cela

 
Na Casa Museo de Rosalía de Castro

Na Casa Museo de Rosalía de Castro
 
Na Casa Museo de Rosalía de Castro

Escape room

Escape room

Escape room

Escape room

Escape room

Na Casa Museo de Rosalía de Castro


xoves, 12 de febreiro de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas coa fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
 
E como o celebramos nós? O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou un escape room na biblioteca para cada un dos grupos con diferentes retos que tiñan como fío condutor a mulleres científicas; o Departamento de Física e Química levou a cabo un obradoiro de fanzines co alumnado de 2º ESO, e dende a Biblioteca propuxemos un kahoot, expuxemos os fondos relacionados con esta temática e publicamos un díptico coas nosas recomendacións.