sábado, 31 de xaneiro de 2026

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Para celebrar este día, como acto de reflexión nun mundo tan convulso como o actual, levamos a cabo obradoiros de haikus coa paz como tema en galego, castelán, francés e inglés. Con eles creamos un mural cargado de positividade que está exposto dende onte na entrada do centro, acompañado dunha selección de libros e películas que nos farán pensar no absurdo da violencia e o sufrimento que xera.

Como dicían os Beatles, "Give peace a chance!".
 
 

 

 

venres, 30 de xaneiro de 2026

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O Día da Ilustración naceu en 2014, tomando como referencia a data de nacemento de Castelao, co obxectivo de recordar e reivindicar o papel dos profesionais gráficos galegos na industria cultural.
Este ano o ilustrador homenaxeado é Siro López, coñecido como Siro, artista ferrolán que destaca polo seu traballo como caricaturista político e humorista gráfico.

 


martes, 27 de xaneiro de 2026

DÍA INTERNACIONAL EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

A data 27 de xaneiro foi instituída pola ONU en 2005 como Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, para recordar a liberación en 1945 do campo de exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau.
Para conmemorar este día, nós proxectamos durante o recreo, na entrada do centro, a montaxe que elaboramos a partir da ruta literaria baseada no libro "Memoria do silencio", de Eva Mejuto, realizada polo Club de lectura.