Onte deixábanos a novelista gráfica e cineasta Marjiane Satrapi, autora de obras como Persépolis, Bordados ou Pollo con ciruelas, todas elas na nosa biblioteca.
Nacida en Irán en 1969, estableceuse en París, onde desenvolveu a súa carreira. No ano 2024 foille concedido o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.
Hoxe tivo lugar no centro unha Xornada de portas abertas, na que o alumnado
de nova incorporación no vindeiro curso e o seu profesorado puido ver a
nosa biblioteca e aprender sobre o seu funcionamento grazas ás
explicacións de parte do alumnado do
Equipo de Voluntarias e Voluntarios, tamén integrantes do Club de
lectura, que, a modo de resumo, remataron coa presentación "A nosa biblioteca".
Esperamos que cheguedes a gozar dela tanto coma nós!!